Xa teño conta Únete!
×

chat-icon Preguntas flash

×
  • Non tes notificacións novas

F. A. Q.

Presentámoste unha lista das solucións aos problemas e dúbidas técnicas máis frecuentes da web de participación.

Non funciona a verificación do correo electrónico?

Comproba as posibilidades seguintes:

  • Escribiches correctamente o teu correo electrónico?
  • Estás segura/o de que non recibiches o correo electrónico de verificación? (revisa o SPAM, puido chegar aos correos non desexados).

Se non estou rexistrada/o non podo participar?

O portal está aberto para que calquera persoa que entre poida ver os procesos e contidos en curso. Porén, ao participar no proceso, xa sexa subindo unha proposta ou comentando as propostas de outras persoas, o rexistro será obrigatorio, así como a verificación da conta co correo electrónico e/ou teléfono.

Como creo e verifico a miña conta?

O primeiro é crear unha conta. Entra no portal e busca o botón “Rexistrarse”. Fai clic nel e chegarás á páxina de rexistro, na que deberás reencher os campos necesarios. É obrigatorio marcar a casa de aceptación das condicións de uso e políticas de privacidade do portal. Cando crees a conta chegarate un correo electrónico á dirección que especificaras, e terás que facer clic no botón “Verificar” para terminar de crear a conta.

Unha vez verificada a conta, xa poderás navegar polo portal e participar nos procesos habilitados.

Como podo cambiar o meu correo electrónico, o meu nome de usuario, o meu contrasinal, darme de baixa ou activar/desactivar as notificacións que me chegan ao correo electrónico?

Fai clic no botón "Rexistrarse", introduce o teu correo electrónico e o teu contrasinal e preme o botón "Entrar". Feito isto, fai clic no botón "O meu perfil", onde atoparás todas as opcións que che permitirán cambiar o teu correo electrónico, o teu nome de usuario, o teu contrasinal, darte de baixa ou activar/desactivar as notificacións. Cando fagas os cambios desexados asegúrate de facer clic no botón "Continuar".